AFONDAMENTO EN INGLÉS



 A optativa “Afondamento en inglés” estará enfocada ao desenvolvemento da competencia oral do idioma (Speaking) mediante a posta en práctica de actividades variadas (xogos variados, role plays, exposicións, debates…). Estas actividades perseguen poñer en práctica, ampliar e mellorar os teus coñecementos de inglés (vocabulario, pronuncia, gramática…), e incluirán tarefas que habitualmente se atopan na parte oral de distintos exames de certificación.



 Avaliación do “Afondamento en inglés”: É importante que entendas que esta materia non ten unha nota propia no boletín. A avaliación desta materia está, por normativa, ligada á avaliación da materia de referencia, é dicir, “Lingua Estranxeira: Inglés I/II”. Cabe esperar que a aprendizaxe e a práctica que fagas en “Afondamento” indirectamente repercutirá de xeito positivo na nota de “Lingua Estranxeira: Inglés I/II, pero non ten unha nota de seu.