Anatomía aplicada

 

A materia de Anatomía aplicada pretende achegar os coñecementos científicos que permiten comprender o corpo humano e a motricidade humana, en relación tamén coa saúde. Está integrada por coñecementos, destrezas e actitudes de diversas áreas de coñecemento que se ocupan do estudo do corpo humano e da súa motricidade, tales como a anatomía, a fisioloxía, a biomecánica e as ciencias da actividade física.

 

Esta materia estrutúrase nos seguintes bloques:

·       Bloque I. Organización básica do corpo humano (células e tecidos humanos).

·        Bloque II. O sistema de achega e utilización de enerxía (metabolismo, anatomía e fisioloxía do aparato dixestivo, as súas patoloxías, e a nutrición).

·       Bloque III. Os sistemas de coordinación e de regulación (anatomía e fisioloxía dos sistemas nervioso e endócrino, e as súas patoloxías).

·       Bloque IV. O sistema cardiopulmonar (anatomía e fisioloxía do aparato respiratorio e cardiovascular, e as súas patoloxías).

·       Bloque V. O sistema locomotor (anatomía e fisioloxía dos sistemas óseo e muscular e as súas patoloxías; características do movemento).

 

Nesta materia vaise un día á semana á aula de informática xa que a parte do temario relacionada coas patoloxías avaliarase en forma de traballos.