A Antropología é unha materia optativa de 1º de bacharelato que aborda o intento dunha explicación racional acerca da pregunta ¿Qué é o ser humano? A resposta a esta pregunta é enfocada dende o ámbito das ciencias naturais, sociais e humanas facendo especial fincapé na orixe e esencia do ser humano abordado dende a sociedade e a cultura á que pertence.
 As temáticas que se abordan na materia son fundamentalmente:
 A antropoloxía biolóxica que aborda o estudo do ser humano en relación á evolución do home e as diferenzas e relacions entre os pobos actuais e as súas adaptacions o ambiente.
 A antropoloxía cultural que aborda o estudo do ser humano en relación o seu comportamento, a cultura á que pertence e as relacions sociais.
 A arqueoloxía como o estudo do ser humano en relación á existencia de pobos pasados, seus orixes e, a partir dos restos materiais encontrados nas excavacions, dos estilos de vida e cultura que levaron.