ARGUMENTACIÓN E DEBATE

Esta materia está pensada como reforzo oral das estratexias que permiten crear textos argumentativos.

En 1º lugar, vai enfocado especialmente a practicar a escolla e gradación de argumentos lóxicos á hora de tratar un tema concreto.

En 2º lugar, pretende axudar ao alumnado a buscar opcións estilísticas amenas, fluídas e variadas.

Ademais permítenos tratar e reflexionar sobre temas de actualidade que normalmente aparecen nos textos das ABAU.

É unha materia que non engade carga de traballo extra para o alumnado.