Listado provisional de profesores seleccionados para participar no proxecto 2020-1-ES01-KA107-079729 do programa Erasmus +:

 

Delia Villamor Sánchez

 

 

 

 

 As alegacións deben dirixirse á Dirección o centro nun prazo de 5 días naturais a partir da súa publicación

 

 Moaña, 24 de maio 2.023


 Prazas ofertadas:

 Ofrécense 24 prazas de profesorado sainte. 12 para Logos Centar en Mostar e 12 para CEPS Centar en Sarajevo. As datas serán dende o 26 de xuño ao 30 de xuño.

-          https://en.logos-centar.com/

-          http://en.ceps.edu.ba/

 Criterios de baremación e selección do profesorado saínte:

I . Antigüidade no centro (máximo 2 puntos).

 - Con data de destino definitivo anterior ao curso 2017-2018: 2 puntos.

 - Con data de destino definitivo comprendida entre o curso 2017-2018 e a actualidade: 1 punto.

- Con destino provisional: 0 puntos.

 II. Competencias lingüísticas no idioma do país de acollida ou idioma de traballo, en caso de que sexa diferente a do país de acollida (máximo 5 puntos).

 A valoración das competencias lingüísticas farase tendo en conta as seguintes variables:

 a) Certificacións de competencias lingüísticas aportadas.

 b) Probas realizadas no propio centro, no caso de que non teña certificación de competencias lingüísticas.

 c) Calquera outro método para probar as competencias lingüísticas decidido pola comisión avaliadora

 III. Competencias persoais e actitudes (máximo 3 puntos).

 Esta valoración farase tendo en conta a opinión do equipo directivo do centro sobre a idoneidade do profesorado para aplicar no centro a formación recibida durante a mobilidade.

 Deberase obter neste apartado un mínimo de 1,5 puntos para poder ser seleccionado.

IV. No caso de empate nos méritos, darase prioridade, pola seguinte orde:

 a) Ao profesorado que nunca participara nas mobilidades do Programa Erasmus+.

 b) Por sorteo.


 Requisitos:

  • Ser profesorado de FP con vinculación a CS.

  • Ser de calquera destas especialidades (Sanidade, Administración e Xestión, Comercio e Marketing, Enerxia e Auga, Informática e Comunicacións, Transporte e mantemento de vehículos, Edificación e Obra civil)

 Prazo de presentación de solicitudes:

 Do 16 ao 23 de maio na secretaría do centro.

 Modelo de solicitude a dispositión na secretaría do centro.