Existe un programa da Unión Europea que establece as Competencias Dixitais.
A Xunta de Galicia ofrece ao alumnado a posibilidade de obter diversos títulos de Competencia Dixital (certificado ComDix). Este ano, isto afecta ao alumnado de 4º de ESO e 2º de Bacharelato. O mesmo acontece cos estudantes que obtiveron o título de Ensino Secundario Obrigatoria nos cursos 21/22 e 22/23.
Os alumnos de 4º de ESO recibirán, no caso de que titulen na ESO, o Certificado ComDix de nivel Iniciación.
No caso de querer alcanzar o título de nivel medio, terán que realizar un exame. Este exame é gratuíto e será feito no centro no mes de maio, durante o horario lectivo.
Os alumno de 2º de Bacharelato, no caso de que obteñan o título de Bacharelato, recibirán cualificación positiva en catro das cinco áreas necesarias para obter o certificado ComDix de nivel medio. En caso de querer obter o certificado de nivel medio, deberán aprobar un exame na área de Ciberseguridade. Este exame é gratuíto e será realizado no instituto en abril, durante o horario lectivo.
O alumnado que non se presente ao exame ou que o suspenda poderán solicitar no centro un documento que acredite os coñecementos das catro áreas que non son Ciberseguridade.
O alumnado que obtivo o título de Ensino Secundario Obrigatoria nos cursos 21/22 e 22/23 xa posúen o título ComDix de nivel iniciación.
IMPORTANTE:
Segundo o documento Estrutura do Marco Galego de Competencias Dixitais, "a acreditación da certificación dentro do Marco galego de competencias dixitais poderá valorarse como mérito ou establecerse como requisito de participación nos procesos de provisión de postos de traballo ou de selección de persoal, nos termos que estableza a normativa reguladora da función pública da Administración xeral da comunidade autónoma e do sector público ou doutras entidades do sector público autonómico nas súas áreas de competencia". A acreditación ten unha validez de cinco anos. Unha vez pasado ese tempo, deben renovar o título seguindo os canais que a Administración estableza como calquera outro cidadán.
Pódese atopar máis información na seguinte ligazón (demo da proba, currículos, etc...).