CIENCIAS APLICADAS A ACTIVIDADE PROFESIONAL
QUE SON AS CIENCIAS APLICADAS?
A materia de Ciencias Aplicadas á actividade profesional, pode ofrecer a oportunidade de aplicar os coñecementos adquiridos anteriormente en cuestións prácticas, cotiás e próximas. Vas poder poñer en práctica os coñecementos de Física e Química, Tecnoloxía, Bioloxía e Xeoloxía que viron en cursos anteriores.
QUEN AS PODEN CURSAR?
É unha materia troncal de opción dentro da rama de 4ºESO de ENSINANZAS APLICADAS. Poderás elixir 2 de entre estas materias: Tecnoloxía, Iniciación á Actividade Emprendedora e Empresarial e Ciencias Aplicadas á Actividade Profesional
METODOLOXÍA
A metodoloxía será teórico- práctica e activa.
Os contidos traballaranse a través de prácticas de laboratorio, e facendo traballos en grupo ou individuais que serán expostos en clase.
CONTIDOS
A materia divídese en 4 bloques.
Bloque I: “Traballo de laboratorio”
Bloque II: “Ciencia e a súa relación co medioambiente” Contaminantes e os seus efectos.
Bloque III: “Investigación, desenvolvemento e innovación” (I+D+I)”. Avances científico-tecnolóxicos.
Bloque IV: “Proxecto de investigación”. Aplicar e integrar as habilidades propias do traballo científico