ANPA




    Estimadas familias: 

   Trala renovación da Xunta Directiva da ANPA As Abelás, dirixímonos por este medio a modo de presentación, xa que a situación COVID actual non permite una Asemblea presencial coas/cos nosas/os socias/os. 


   Presidenta: Carmen Hernández.  

 Vicepresidenta: María J. Magariños. 

 Secretaria: María Isabel Rodríguez. 

 Tesoureira: María Nuria Bermúdez. 

 Vogais: María Elvira González, Vanesa Comesaña, Estela Bermúdez, Raquel Pérez y Maria Carmen Juncal. 


   Estamos comprometidas/os coa educación das/os nosas/os fillas/os, debemos implicarnos conxuntamente entendendo ás familias como membros imprescindibles da Comunidade Educativa do noso Centro. 

   Queremos convidarvos a participar nas actividades e proxectos que temos a vontade de poñer en marcha, gustaríanos ampliar os servizos da Asociación, partindo do que xa se estaba facendo ata agora, como por exemplo, descontos das saídas organizadas polo Centro, subvención do transporte a ABAU, colaboración no Magosto, Graduación, etc. Ademáis, tamén queremos propoñer actividades extra-escolares, e poñer en funcionamento unha Escola de Familias onde coñecer ferramentas útiles, tratar distintas temáticas de interese, crear un marco común onde intercambiar cuestións importantes na formación dos/as rapaces/as, axudar nas inquedanzas, dúbidas ou resolución de conflitos. 

   Para todo isto precisamos da vosa colaboración, desexamos ter unha resposta positiva na participación, acadar a implicación das familias tan necesaria para que estes proxectos se poidan levar a cabo. 

   Sen máis, indicarvos o noso contacto para calquera consulta, dúbida, etc. canal de comunicación onde tamén agardamos as vosas propostas. 



Tlf. 681 943 107 

Mail: anpaasabelas@gmail.com 

Facebook/instagran: @anpaasabelas (solicitarnos amizade) 


   Desexarvos que teñades un bo curso. Moitas Grazas