ECONOMÍA DA EMPRESA
Trata de explicar a realidade empresarial, como unha rama da economía especializada nun determinado suxeito económico: a empresa. A materia emprega un enfoque de presentación baseado na análise de distintas áreas e funcións da empresa. Estrutúrase nos bloques seguintes:
Bloque 1. "A empresa", no que se describen os seus elementos, as súas funcións e os seus obxectivos.
Bloque 2. "Desenvolvemento da empresa", onde se fai unha análise das decisións de dimensión e localización, e das estratexias de crecemento.
Bloque 3. "Organización e dirección da empresa", no que se explica a planificación, a organización e a xestión dos recursos da empresa.
Bloque 4. "A función produtiva", para analizar os procesos produtivos e a estrutura de ingresos e custos derivada deles.
Bloque 5. "A función comercial da empresa", que repasa as principais decisións da empresa na comercialización dos seus produtos e/ou servizos. Marketing mix.
Bloque 6. "A información na empresa", para comprender a importancia de contar con datos e información relevante e precisa na toma de decisións e no cumprimento das obrigas fiscais.
Bloque 7. "A función financeira", onde se trata de analizar os aspectos salientables das decisión de investimento e financiamento na empresa.