prev next


PROXECTO ERASMUS+ Nº 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242

 

Listaxe definitiva de persoas do IES Plurilingüe Paralaia seleccionadas para participar nunha mobilidade Erasmus+ ao abeiro do proxecto arriba referido son:

Orde

Apelidos, nome

Puntuación

1

Touza Figueiras, Antonio

8

2

Rodríguez Costas, Luis Miguel

8

3

Costas Malvido, Carlos

8

4

Martínez Rodríguez, Antonio Isaac

7

5

Saiáns Vázquez, Víctor

7

 




Listado de alumnos seleccionados para participar en el programa Erasmus + NextStation:


Luis Xavier Magallanes


As alegacións deben dirixirse á Dirección o centro nun prazo de 5 días naturais a partir da súa publicación


Moaña, 16 de febreiro 2.023


   A profesora do ciclo medio e superior de Instalacións Eléctricas e Automáticas, Raquel Pereira, estivo en Eindhoven dentro do programa de mobilidade de alumnado e profesorado europeo Erasmus+.

   Visitou empresas do grupo VDL, concretamente as áreas de solucións de transporte, VDL ETS, que fabrican un autobús completamente eléctrico (a nova versión chámase CITEA) e cun proxecto de desenvolvemento de camión eléctrico con combustible de hidróxeno.


   Tamén estivo en Born, ao sur do país, para visitar outra empresa do grupo, VDL NedCar, na que se fabrica actualmente o Mini Countryman e o BMW X1, para ver todo o proceso de automatización da liña de fabricación.

   Nesta empresa teñen algúns enxeñeiros titulados españois e, ademais, un par de estudantes da especialidade de mecanizado facendo alí as prácticas da Formación en Centros de Traballo.

   Nos Países Baixos non hai paro, necesitan man de obra en todos os sectores. Están moi interesados en que lles poidamos enviar estudantes a facer alí prácticas ou traballar unha vez rematados aquí os seus estudos. De feito, agora mesmo non poden desenvolver todos os proxectos que teñen en marcha como lles gustaría por falta de persoal. Digamos que o obxectivo da visita era ese, convencernos desa boa oportunidade para o noso alumnado e poñerse á nosa disposición para facilitar ese proceso.

prev next

Esto es un párrafo. Puedes cambiarlo y poner tu propio texto, editar el formato y añadir enlaces.