FUNDAMENTOS DE ADMINISTRACIÓN E XESTIÓN
O obxecto desta materia é o estudo e desenvolvemento das funcións de carácter administrativo e de xestión que se realizan nas organizacións empresariais e que se presentan agrupadas nunha serie de procesos de traballo. A materia estrutúrase en nove bloques de contido ao longo dos cales se recolle o ciclo completo de actividade dunha empresa, desde a súa creación ata o peche do seu primeiro exercicio.
Bloque 1. Innovación empresarial. A idea de negocio: o proxecto de empresa. Abórdase o proceso de procura e avaliación de ideas de negocio a partir da innovación empresarial, así como os primeiros pasos no seu posterior desenvolvemento desde a análise da contorna até a análise do papel das institucións públicas no emprendemento.
Bloque 2. A organización interna da empresa. Forma xurídica e recursos. Dedícase á organización interna da empresa e inclúe as decisións estratéxicas de localización, elección da forma xurídica e a análise dos recursos necesarios para o desenvolvemento do plan de empresa.
Bloque 3. Documentación e trámites para a posta en marcha dunha empresa. Estudo dos trámites necesarios para a constitución e posta en marcha da empresa e os organismos onde han de realizarse devanditos trámites.
Bloque 4. O plan de aprovisionamento. Decisións relacionadas co aprovisionamento da empresa comezando coa planificación das necesidades de materiais, continuando coa selección de provedores e a forma de relacionarse cos mesmos para finalizar co estudo do proceso de compra e a valoración e xestión de existencias.
Bloque 5. Xestión comercial e márketing na empresa. Céntrase en elaborar un plan de comercialización tendo en conta as necesidades e preferencias da clientela potencial da empresa e as actuacións da competencia. Marketing mix.
Bloque 6. Xestión dos recursos humanos. Planificación das necesidades de persoal, xestión da documentación que xera a súa contratación e a forma de relacionarse cos organismos públicos competentes nesta materia tendo sempre presente a normativa vixente.
Bloque 7. Xestión da contabilidade da empresa. Rexistrar as operacións habituais da empresa aplicando os criterios do Plan Xeral de Contabilidade. Tamén se propón unha aproximación sinxela á fiscalidade da empresa, presentando os principais elementos tributarios e formas básicas de liquidación de impostos que ha de acometer.
Bloque 8. Investimento e xestión financeira. Viabilidade da empresa. Estudo das necesidades de investimento e as distintas alternativas dispoñibles para o seu financiamento, forma de realizar a xestión de tesouraría e os distintos procedementos para analizar a viabilidade da empresa.
Bloque 9. Presentación da idea de negocio. Exposición do proxecto de negocio elaborado manexando ferramentas informáticas e audiovisuais que fagan atractiva e efectiva a súa difusión.