Historia da Arte

Pode ser elixida como troncal de opción no Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades ou dentro do grupo das específicas facendo a combinación de “4+3+1”. Nela faise un percorrido polas diferentes manifestacións artísticas dende o mundo clásico ata a actualidade, prestando especial atención aos autores e obras que entran nas probas da ABAU (no caso de que o alumnado pretenda presentarse ás mesmas) ou doutras de referencia para adquirir un coñecemento global.

De cara ao acceso á Universidade, pondera en todos os graos da rama de Artes e Humanidades, de Ciencias Sociais e Xurídicas, agás en Criminoloxía, e nos graos de Arquitectura Técnica, Estudos de Arquitectura e o grao en Paisaxe da rama de Enxeñería e Arquitectura.