IES PLURILINGÜE A PARALAIA. NOTA DE PRENSA REFERENTE A FCT


 Un ano mais, e despois da situación tan atípica que vivimos o curso pasado con motivo do confinamento, o alumnado dos Ciclos Formativas e de F.P. Básica do IES Plurilingüe A Paralaia, estase a incorporar á preceptiva Formación en Centros de Traballo.

As empresas que colaboran con este Centro abranguen un abanico amplo dentro dos diferentes sectores da actividade económica, así, o alumnado de CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS, está a desenvolver a súa formación en empresas do mundo da Asesoria, Financieiro, Comercial de productos de alta tecnoloxía e Robótica, Seguros.

 No CICLO MEDIO de INSTALACIONS ELECTRICAS E AUTOMÁTICAS, as empresas colaboradoras sitúanse dentro do mundo das Instalacións Electricas en Vivendas, Domótica, Enerxías Renovables, Obra Cívil e Sector Naval.

No CICLO MEDIO DE FABRICACIÓN MECÁNICA, o sector principal no que o alumnado desenvolve a súa estadía corresponden principalmente a grandes empresas situadas no mundo da alta tecnoloxía mediante técnicas de fabricación de pezas mecáncias, moldes e outros productos para a Industria Auxiliar da Automoción, Sector Industrial e Naval.

 Como gran novidade do presente curso o IES PLURILINGÜE A PARALAIA, acaba de incorporarse a FORMACIÓN DUAL poñendo en marcha un CICLO DUAL SUPERIOR DE AUTOMATIZACIÓN E ROBÓTICA INDUSTRIAL. Esta nova modalidade de formación, implica que o alumnado se incorpore ás empresas en cada un dos dous cursos para recibir parte da súa formación.

 O alumnado matriculado neste primeiro ano xa está a recibir a indicada formación en diferentes empresas tecnoloxicamente punteiras dentro do mundo da Robotica, en sectores como o Industrial, desenrrolo de Novas Máquinas de Fabricación e procesamento, Robotización de Procesos, Mecanización Robótica Naval, etc., ás que volverán o vindeiro ano para completar a formación correspondente ao segundo curso do Ciclo.

Dende este Centro Educativo queremos deixar patente o noso agradecemento a todas as empresas que colaboran con nos, facendo posible non so a necesaria conexión do mundo da formación co contexto productivo, senon o alto grado de integración laboral que os noso alumnado ten unha vez rematadas as estadías nestas empresas, xa que nos derradeiros anos a práctica totalidade acaba integrándose ao mundo do traballo.

Completando a nosa Oferta Educativa, neste Instituto tamén se desenvolven dous ciclos de Formación Profesional Basica, un de SERVIZOS COMERCIAIS que o videiro ano se cambiará por outro de INFORMATICA DE OFICINA, e outro de INSTALACIÓNS ELECTROTÉCNICAS E MECANICAS, dos que o a alumnado de 2º curso se incorpora as empresas o vindeiro lúns 26 de abril para recibir 40 xornadas de formación práctica en empresas do mundo da Distribución Alimentaria e da Construcción, sector das Construccións Metálicas, Mantemento Industrial e Comunicacións.