LATÍN


A materia, que vai unida no itinerario con Economía, está pensada para o alumnado que se inclina polos estudos relacionados coas humanidades e as ciencias sociais.

 

A diferenza da Cultura Clásica, Latín en 4º de ESO é unha materia con maior contido lingüístico.

O método que utilizamos é de corte natural. O alumnado aprende a lingua seguindo un sistema semellante ao co que aprendemos a nosa lingua materna, na que o uso oral e a repetición afianzan os coñecementos sen necesidade de afondar excesivamente en cuestións gramaticais.

O propósito do método é adquirir certas capacidades comunicativas, tanto orais como escritas, como se dun idioma moderno se tratase.

As cuestións de morfoloxía e sintaxe quedan xa para os cursos de Bacharelato e para alumnado de ensinanzas pos obrigatorias.