RAZÓNS POLAS QUE HAI QUE ELEXIR MÉTODOS ESTATÍSTICOS COMO OPTATIVA EN 2º DE BACHARELATO
A estatística é a base do coñecemento práctico e real.
A estatística ten aplicacións directas e concretas na vida real, xa que estuda as cifras de diferentes fenómenos sociais, por exemplo: a desocupación, a taxa de mortalidade, a de natalidade e moitos outros datos máis complexos.
A función principal da estatística é xustamente a recolección e agrupamento de datos de diverso tipo, para construír con eles informes que nos dean idea sobre diferentes e moi variados temas.
A estatística ten unha utilidade, non só en aspectos sociais, se non que tamén serve para completar calquera tipo de investigación científica que realicemos.
A maioría das carreiras científicas, tanto tecnolóxicas como sociais, inclúen nos seus currículos a materia de estatística.
¡É O MOMENTO DE ELEXIR A ESTATÍSTICA COMO OPTATIVA PARA INTRODUCIRCHE NO SEU MUNDO, SERACHE MOI ÚTIL NO FUTURO!