Matemáticas aplicadas ou Matemáticas académicas,
que decidir?
Ao saír de 2º ESO, os alumnos deben de tomar a súa primeira decisión.
Que matemáticas escoller para 3º ESO? Aplicadas ou Académicas?
Matemáticas académicas
Pódena escoller todos aqueles alumnos que vaian estudar CALQUERA tipo de Bacharelato, pero é necesaria para o bacharelato Científico.
Se un alumno ten dúbidas de se desexa estudar Bacharelato ou non, debería estudar estas Matemáticas para non pecharse portas no futuro.
O currículo é moito máis forte en 4º e é o que mellor prepara a un alumno para seguir estudos de Bacharelato con Matemáticas.
Matemáticas aplicadas
Pódena escoller todos aqueles alumnos que vaian cursar estudos de Formación Profesional ou Ramas Universitarias máis relacionadas co Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais ou co Bacharelato de Artes.
Estas matemáticas apréndense cunha metodoloxía máis orientada á súa aplicación á vida cotiá e pensando que estes alumnos non seguirán estudando Matemáticas no futuro.
Estes alumnos non estarán preparados para seguir as Matemáticas dun Bacharelato Científico, aínda que se que poderían seguir, máis ou menos, as Matemáticas Aplicadas dun Bacharelato de Ciencias Sociais.
Aínda que en 4º poderían pasarse a estudar as Matemáticas académicas, estarían en inferioridade de condicións respecto a os seus compañeiros e aumentarían as súas dificultades de aprendizaxe.