NOVAS


ORDENADORES EDIXGAL
A Xunta de Galicia enviou onte un comunicado para informar aos centros de que os alumnado quedará cos portátiles EDIXGAL durante o verán, independentemente de que teñan asignaturas pendentes para Setembro. Polo tanto, o instituto NON RECOLLERÁ OS PORTÁTILES en Xuño.



CALENDARIO DE FIN DE CURSO

21 de Xuño

1º e 2º ESO - actividade "Humor Amarillo"

3º, 4º ESO, 1º BACH, 1º FPB - actividade "Territorio Comanche"

(*Ambas realizaranse en horario de mañá)

24 de Xuño ás 8.30

Graduación de adultos

26 de Xuño

Entrega de notas

Importante: Non haberá servizo de autobuses

27 e 28 de Xuño

Reclamacións

 (xoves de 10:00 a 13:00, venres de 10:00 a 12:00)  



Entrega de FONDO LIBROS, ordenadores E_dixgal e chaves compartimentos

Día 14 de xuño

alumnado de 4º da ESO que vai de excursión

Día 20 de xuño.

Todos os demais cursos

Os/as encargadas de recollelo pasarán polas clases para avisar e que baixen á Biblioteca

O alumnado que necesite libros para setembro virán a recollelos a partir da entrega de notas.



SABELA LEDET GAÑA O CONCURSO DE CÓMIC DO CONCELLO


Por segundo ano consecutivo a nosa alumna Sabela Ledet gaña o concurso de cómic do Concello de Moaña. 

A entrega de premios será este sábado día 15 de xuño ás 12 horas no salón de actos do Concello de Moaña.



Premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico 2018/19

O pasado día 29 de maio saíu publicada no DOG a Orde do 20 de maio de 2019 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

No artigo 4 desta orde establécese que o prazo de presentación de solicitudes será dun mes, comeza hoxe, 6 de xuño, e rematará o día 5 de xullo de 2019.

Mediante este correo quéreselle informar deste prazo de presentación de solicitudes e solicitarlle que, se o ten a ben, dea publicidade a estes premios entre o alumnado que cumpra os requisitos de participación, establecidos no artigo 3 da orde de convocatoria.

Para calquera dúbida e/ou aclaración pode dirixirse aos teléfonos 881 997 383 / 981 540 205 / 981 546 527 ou ben á dirección de correo electrónico premios@edu.xunta.es



Aberto prazo de matricula para as ensinanzas de adultos. Do 1 - 15 xuño


Aberto o prazo do fondo de libros solidario e para as axudas para material escolar.
Tedes toda a información


A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando as XV XORNADAS DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).


Praza vacante para facer a FCT no extranxeiro para un alumno de Ciclo Superior.
Se eres un alumno que está cursando un Ciclo Superior e vas realizar a FCT no último trimestre de 2019, podes solicitar levala a cabo nun país extranxeiro, para elo deberás cubrir una solicitude solicutude e resixtrala na Secretaría do centro ata o 21 de maio.




MÓBILES E REDES SOCIAIS
Charla/coloquio o Xoves 9 ás 18.00 no Auditorio do IES As Barxas