PRESENTACIÓN ALUMNADO E COMEZO CURSO 2021-22

MÉRCORES 15 DE SETEMBRO
  08:30 1º/2º ESO
  09:30 3º/4º ESO
  10:15 1º/2º BACHARELATO
  12:00 1º FP Básica, Ciclos Medio e Superior
  13:00 2º FP Básica, Ciclos Medio e Superior
XOVES 16 DE SETEMBRO
  17:00 EBI*

XOVES 23 DE SETEMBRO
  18:30 1º/3º ESA*
 
 
Haberá servizo de transporte no horario habitual (entrar ás 8:30 e regresar ás 14:00).

O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º da ESO e de Bacharelato entrará no centro, seguindo o horario establecido, respectando a distancia de seguridade e se dirixirá ás pistas deportivas exteriores do centro para proceder á presentación do curso. Despois irá acompañado dos seus titores á súa aula de referencia onde permanecerá ate as 11:00h. O comezo das actividades lectivas será ao rematar o recreo (11:30h).

O alumnado de ciclos asistirá á presentación e iniciará as actividades lectivas ao día seguinte no seu horario normal.

*O alumnado de Ensinanzas de Adultos accederá ao centro para realizar a presentación do curso na súa aula de referencia, respectando a distancia de seguridade e iniciándose a continuación as actividades lectivas.

O día das presentacións, todo o alumnado deberá traer asinada a declaración responsable de autoavaliación clínica da COVID (dispoñible na web do centro).


* * *


Documentos que deben manexar alumnado e familias con respecto ao PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID-19 NO IES PLURILINGÜE A PARALAIA: