PROMOCIÓN DE ESTILOS DE VIDA SAUDABLE

 

 

 O currículo de Promoción de Estilos de Vida Saudables ten como finalidade abordar a prevención dos efectos negativos da inactividade física e da dieta desequilibrada, tratando de proporcionarlle ao alumnado  unha  serie de  competencias que  lle permitan,  desde  a  práctica,  adquirir  e  instaurar un estilo de  vida  saudable e que  este  se  manteña  no tempo.

 O  currículo  divídese  en  dous  bloques  de  contidos: "Actividade física e saúde" e "Alimentación para a saúde".

 

 O  bloque de  contidos  "Actividade  física  e  saúde"  está  centrado  no  coñecemento  dos efectos positivos sobre a saúde se levamos unha vida activa. Ademais, aborda de maneira sinxela o traballo no ámbito socioemocional de estratexias que permiten evitar os hábitos tóxicos relacionados coa actividade física (sedentarismo, lecer excesivo a través de pantallas, etc.).

 

 O bloque de "Alimentación para a saúde", hábitos de alimentación e hidratación saudables a través do coñecemento dos alimentos e das bebidas, así como das súas proporcións máis adecuadas ás súas propias características e demandas enerxéticas, o alumnado debe aprender a avaliar de forma sinxela a súa inxestión e a instaurar un estilo de vida saudable a través   da   elaboración  e  a  posta  en  marcha  de  dietas   equilibradas,  partindo  de patróns alimentarios saudables, como as dietas atlántica e mediterránea. Procúrase tamén o desenvolvemento  da  capacidade  crítica na  compra  de  alimentos  e bebidas,  dotando de ferramentas  que  permitan  facer  unha  análise  crítica  das  etiquetas  nutricionais.  No ámbito socioemocional, trátase de dotar ao alumnado das ferramentas básicas para se enfrontar con éxito ao perigo de adquirir hábitos tóxicos para a súa saúde (alcohol, tabaco, drogas, etc.)