Xeografía de España

Pode ser elixida como troncal de opción no Bacharelato de Ciencias Sociais e Humanidades ou dentro do grupo das específicas facendo combinación de "4+3+1".
É unha materia de 4 horas, pero son 4 horas semanais de provincias, ríos e montañas? A materia non é só iso!! Intentamos coñecer mellor a poboación, os sectores económicos e o urbanismo do noso país preparando os contidos cara ás ABAU pero con tempo para poder debater e indagar sobre eles.
De cara ao acceso á Universidade, pondera en todos os graos da rama de Artes e Humanidades excepto na Arquitectura técnica e Arquitectura e Paisaxe. No caso dos graos de Ciencias Sociais e Xurídicas, pondera en todos excepto Creación dixital , Criminoloxía e Xestión Industrial de moda.