A materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia invita ao coñecemento da Historia, Xeografía e os restos artísticos de maior transcendencia para coñecer e explicar a evolución e a situación da sociedade galega actual.
Ao longo do curso trataremos de analizaremos os retos demográficos que ten Galicia, as diferentes dinámicas dos espazos agrarios e urbanos e as novas expectativas cara a unha maior terciarización co turismo e a globalización.
Faremos unha viaxe pola historia traballando especialmente aqueles procesos máis salientables e que deixaron un importante legado a través do noso variado e abundante patrimonio, desde os restos megalíticos e os castros, ata a obra de Seoane ou Maruja Mallo, o patrimonio industrial...
Para traballar estes contidos o alumnado analizará fontes diversas sintetizando a información e realizará pequenos traballos de investigación.