O mércores 13 de outubro, o alumnado do ciclo medio de Mecanizado, do ciclo medio de Instalacións eléctricas e automáticas, do ciclo superior de Automatización e robótica industrial, xunto co alumnado do ciclo de Formación Profesional Básica de Instalacións electrotécnicas e mecánica, participou na actividade «Extinción de incendios» impartida polo equipo de Ricardo Olabegoya, bombeiro e formador en soporte vital básico integrante de Simulacros, formación en emerxencias. Durante a xornada, tamén desenvolveuse o simulacro de evacuación do centro.