ENSINANZAS PARA ADULTOS
ENSINANZAS PARA ADULTOS
As
ensinanzas que impartimos no curso son:
A) ENSINANZAS
BÁSICAS INICIAIS - EBI 1
Este
nivel está pensado para aquelas persoas que necesiten adquirir as
destrezas básicas de lecto-escritura (alfabetización), razoamento
matemático e cálculo.
Están organizadas en tres ámbitos:
1. Ámbito
da comunicación (5 sesións á semana)
2. Ámbito
da competencia matemática (4 sesións á semana)
3. Ámbito
da ciencia, sociedade, tecnoloxía e de desenvolvemento e iniciativa
persoal (2 sesións á semana)
Horario
semanal:
de 17:00 a 18:30h
Equivalencia:
Equivale ata 3º de Primaria.
Modalidade:
presencial.
Duración:
Non existe límite de tempo. Depende do ritmo de aprendizaxe do
alumno/a para adquirir os coñecementos establecidos.
*
B) EDUCACIÓN
SECUNDARIA DE ADULTOS
É
unha ensinanza presencial dirixida ós maiores de 18 anos e que
conduce á obtención do título de graduado en educación secundaria
obrigatoria. As materias organízanse en tres ámbitos:
1. Ámbito
CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO
2. Ámbito
SOCIAL
3. Ámbito
de COMUNICACIÓN
Estas
ensinanzas teñen validez académica para continuar outros estudos
ou para a inserción no mundo laboral.
Horario:
As clases son diarias de 18:30 – 21:30h
Equivalencia:
A E.S.A. está dividida en catro módulos equivalentes a 1º, 2º,
3º, 4º, da E.S.O.
Duración:
Na Educación Secundaria para Adultos (E.S.A.) o ano académico
divídese en dous cuadrimestres:
1º
Cuadrimestre:
de setembro a febreiro – Impártense simultaneamente 1º e 3º
2º
Cuadrimestre:
de febreiro a xuño – Impártense simultaneamente 2º e 4º
En
cada un dos cuadrimestres pode cursar un módulo, polo tanto, nun ano
académico (de setembro a xuño) pode cursar dous módulos.
Modalidade:
Presencial