IES PLURILINGÜE A PARALAIA


       

       O Instituto de Ensino Secundario IIES Plurilingüe A Paralaia de Moaña (antes chamado Instituto de Formación Profesional), foi inaugurado no ano 1980 cunhas instalacións de barracóns, e dende entón veu dar formación ás promocións de técnicos.

. 

        Cando se creou, impartíase Formación Profesional de primeiro grao nas ramas de administrativo e metal. Posteriormente estas ensinanzas fóronse ampliando ao segundo grao destas ramas e ampliouse a oferta coa incorporación da rama de electricidade tanto en primeiro como en segundo grao. 

           Durante todos estes anos, o centro sufriu varias ampliacións debido ao aumento das necesidades educativas da comarca, e ao cumprimento da normativa respecto aos espazos necesarios para a imparticióndas ensinanzas.

 Na actualidade e debido á incorporación das novas ensinanzas derivadas da aplicación  das novas leis educativas , impártense: ESO, Bacharelato (Científico e Tecnolóxico, Humanidades e  STEMbach), Ciclos formativos de grao medio e superior, Formación Profesional Básica (FPB) e tamén Formación de Adultos.