BACHARELATO STEM


 O STEMBach é un novo Bacharelato de excelencia en Ciencia e Tecnoloxía cuxa finalidade é, ademais das finalidades xerais do Bacharelato, “favorecer no alumnado ou afondamento no traballo nas competencias matemática e básica en ciencia e tecnoloxía mediante os elementos e os procedementos da investigación e dos métodos científicos, dun xeito rigoroso, ordenado e crítico e para desenvolver investigacións propias”. 


 O obxectivo é promover a vocación científica do alumnado mediante unha metodoloxía que lle facilite a incorporación e a adaptación ao ensino universitario e fomentar o pensamento científico e o enfoque práctico de resolución de problemas. Para iso, os alumnos deberán, por unha banda, cursar unha materia extracurricular cun enfoque interdisciplinar orientada a mellorar as competencias tanto das materias propias do STEMBach como as competencias dixitais e de comunicación. Doutra banda, deberán realizar un proxecto de investigación dirixido por un profesor dun centro universitario ou de investigación de Galicia. Contamos para iso coa colaboración do catedrático de Xenética da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, D. Emilio Rolán-Álvarez e todo o seu grupo de traballo. Este proxecto de investigación deberá ser defendido publicamente ante un tribunal formado por membros tanto da universidade como do instituto. 


 Ademais, levan a cabo actividades complementarias de formación en colaboración coa universidade e investigadores de recoñecido prestixio.