ACTIVIDADES DO CURSO 2019/2020 


GRADUACIÓN

TEATRO CLÁSICO EN TUI E VISITA Á VILA


     Realizado o día 20/02 de 2020 durante toda a mañan, no que participaron o alumnado de F.P. básica de 1º e 2º S. Comerciais. 2º de Electricidade/ mecanizado. O obxectivo da actividade era identificar os risco de manipulaciòn de cargas, aprender a manipular cargas de forma segura e c prácticas cunha transpaleta.


 Filmando a adaptación cinematrográfica da obra de teatro que representaremos en Abril, dirixida pola nosa profe Lucía Iglesias!!!!!


ENTROIDO 2020


A ACTRIZ REBECA FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ

      O luns visitounos a actriz e profesora da Escola de Arte Dramático de Madrid Rebeca Fernández Rodríguez. Estivo cos compoñentes do noso grupo de teatro e explicoulles como foron os seus inicios, a súa formación, a súa traxectoria profesional, así como algunhas outras cuestións, xa que o alumnado asistente fixo diversas preguntas sobre castings, rodaxes... Todo aquilo que lles interesou e despertou a súa curiosidade.


GRABACIÓN DO TEMA TERRA DOENTE

O grupo de 3ESO B quedou finalista co tema Terra Doente no concurso Quero Cantar da Deputación da Coruña. O tema foi grabado e será incluído nun disco có mesmo nome. A canción foi composta por Estevo Santamarina e interpretada polo alumnado de 3ESO B. 


CONCURSO DE PORTAS DO SAMAÍN

Este ano o grupo gañador do concurso de portas do Samaín foi 1ºESO C, aula 207. Aquí os vemos recibindo o diploma e disfrutando do seu premio, que consistiu nun almorzo na cafetería. 


O mércores 27 de novembro, o alumnado dos ciclos de Mecanizado, Instalacións eléctricas e automáticas, e Administración e finanzas, xunto co alumnado dos ciclos de Formación Profesional Básica, participou na actividade «Primeiros auxilios e manexo de extintores» impartida polo equipo de Ricardo Olabegoya, bombeiro e formador en soporte vital básico integrante de Simulacros, formación en emerxencias. Durante a xornada, tamén desenvolveuse o simulacro de evacuación do centro.


2º FPB COLABORANDO CON CÁRITAS




O noso alumnado de 2 ºFPB de Mecanizado botou unha man en Cáritas mellorando a instalación eléctrica do almacén mediante tubos de superficie, instalando un tubo de led para a mesa de selección e reparto, recortando o teito de madeira inestable e instalando novas estanterías con escuadras.


EBI e a ESO contra a Violencia de xénero.

Hoxe o alumnado de EBI analizou a Violencia de Xénero con alumnado de 4º da ESO



DEPOEMPRENDE NA ESO

O alumndo de 4º ESO A e C que cursa a materia Iniciación a Actividade Emprendedora e Empresarial asistíu ó Pazo da Deputación de Pontevedra na mañá do martes 19 de novembro ó acto de entrega do NIF ás 10 cooperativas dos 8 centros de educación secundaria da provincia seleccionados para participar na actual edición de "DepoEmprende na ESO".

No Salón de plenos, as representates da cooperativa realizaron a presentación do seu proxecto "Mercalaia" e, a continuación, recolleron o NIF da cooperativa.

Para finalizar o acto, "A Saco Circo" ofreceu un espectáculo de acrobacias e malabarismos no que todo o público participou de forma activa.



MAGOSTO


CONTOS DE TERROR POLO SAMAÍN

Chegou o Samaín ao Parlaia e con el o terror. 
Actividade organizada polo Equipo da Biblioteca.


Esto es un párrafo. Puedes cambiarlo y poner tu propio texto, editar el formato y añadir enlaces o imágenes.

Hoxe visitounos Onofre Muianga para compartir experiencias sobre Mozambique

 

Esto es un párrafo. Puedes cambiarlo y poner tu propio texto, editar el formato y añadir enlaces o imágenes.