Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais de 1ºBacharelato
Esta materia contribúe a un maior grao de desenvolvemento das competencias clave dos alumnos. O seu fin último é mellorar a formación científica e a comprensión do mundo natural e así reforzar o seu compromiso polo ben común e as súas destrezas para responder á inestabilidade e ao cambio. Con todo isto búscase mellorar a súa calidade de vida presente e futura para conseguir, a través do sistema educativo, unha sociedade máis xusta, equitativa e comprometida co medio ambiente e coa súa sostibilidade.
Este currículo pretende profundizar nos coñecementos adquiridos na Educación Secundaria Obrigatoria analizando con maior detalle o comportamento da Terra como un planeta en continua actividade , ademais dos impactos antrópicos xerados sobre el e as actuacións para diminuilos. Así mesmo séguese un desenvolvemento de complexidade crecente, estudando dende os niveis máis simples (molecular, celular e tecido) antes de estudar a complexidade dos diferentes seres vivos. Nese sentido abordarse, coa madurez intelectual dos alumnos desta idade a visión comparativa entre os diferentes grupos de seres vivos dende un punto de vista do seu funcionamento e adaptación no medio no que habitan.
Ademais esta asignatura se complementa con prácticas de laboratorio que serán realizadas dependendo da unidade a estudar.
Esta asignatura é básica para estudos posteriores como: Medicina, Enfermería, Psicoloxía, Biotecnoloxía, Veterinaria, etc.
Unidades a estudar:
1- O estudo do planeta Terra, estuda a estrutura e comportamento das capas que forman o interior terrestre.
2- A xeodinámica interna, trabállanse os movementos das placas litosféricas e as estruturas xeolóxicas derivadas
3- A Terra e os seus materiais, aborda os minerais e os tipos de rochas da superficie terrestre.
4- O modelado do relevo, estúdase os diferentes tipos de modelado formados a partires dos axentes xeolóxicos externos
5- Historia da Terra, analiza os principais acontecementos, paleoxeográficos, climáticos e biolóxicos da Terra.
6- Composición e organización dos seres vivos, estúdase os bioelementos e as biomoléculas así como a organización celular e tisular dos seres vivos.
7- A diversidade dos seres vivos, aborda a clasificación e a evolución dos seres vivos.
8- Os microorganismos, estúdase os diferentes tipos de microorganismos e as enfermidades asociadas.
9- A nutrición e a relación das plantas, estúdase a fotosíntese e respiración e os tropismos e nastias nas plantas.
10- A reprodución das plantas e a súa adaptación, trata sobre a os diferentes tipos de reprodución das plantas e a súa adaptación.
11- A nutrición dos animais, estúdase a anatomía e fisioloxía dos diferentes aparellos que interveñen na nutrición animal.
12- A relación dos animais, abórdase os diferentes elementos que interveñen na función de relación nos animais.
13- A reprodución dos animais e a súa adaptación, estúdase os tipos de reprodución nos diferentes animais e a súa adaptación aos diferentes medios.
14- Os ecosistemas e a súa conservación, trabállanse os compoñentes dos ecosistemas e a súa transformación debida ás actividades humanas.