IES PLURILINGÜE A PARALAIA
IES PLURILINGÜE A PARALAIA
O Instituto de Ensino Secundario IIES Plurilingüe A Paralaia de Moaña (antes chamado Instituto de Formación Profesional), foi inaugurado no ano 1980 cunhas instalacións de barracóns, e dende entón veu dar formación ás promocións de técnicos.
.Cando se creou, impartíase Formación Profesional de primeiro grao nas ramas de administrativo e metal. Posteriormente estas ensinanzas fóronse ampliando ao segundo grao destas ramas e ampliouse a oferta coa incorporación da rama de electricidade tanto en primeiro como en segundo grao.
Durante todos estes anos, o centro sufriu varias ampliacións debido ao aumento das necesidades educativas da comarca, e ao cumprimento da normativa respecto aos espazos necesarios para a imparticióndas ensinanzas.
Na actualidade e debido á incorporación das novas ensinanzas derivadas da aplicación das novas leis educativas , impártense: ESO, Bacharelato (Científico e Tecnolóxico, Humanidades e STEMbach), Ciclos formativos de grao medio e superior, Formación Profesional Básica (FPB) e tamén Formación de Adultos.