CULTURA CLÁSICA

 

A materia de Cultura clásica é optativa en 3º e 4º de ESO

O programa é común para ambos os cursos pero o alumnado so pode cursala nun deles, é dicir, se a cursan en 3º xa non poden escollela en 4º e viceversa.

En 3º son dúas horas semanais e en 4º, tres.

Os contidos que se traballan comprenden as civilizacións grega e romana, que son orixe da nosa.

Neste sentido comezamos por situarnos xeográfica e cronoloxicamente nesas culturas e despois tratamos aspectos como a mitoloxía, os espectáculos, educación, arte, ciencias, sistemas de escritura, etimoloxía, é dicir, orixe e significado do léxico das linguas que falamos, etc.

Todo isto sempre dende unha perspectiva actual, xa que o obxectivo principal é ver no mundo moderno as manifestacións, herdanzas e relacións co mundo grecorromano, pois, en grande parte, seguimos sendo gregos e romanos, aínda que non o sabemos ata que cursamos Cultura clásica.