XESTIÓN DE CREDENCIAIS:  Este titorial é para que lle deades ao alumnado o contrasinal para entrar por primeira vez en E-dixgal.


CONSULTAR O CATÁLOGO:  Titorial para consultar os libros das diferentes editoriais dispoñibles en E-dixgal.


CARGAR O LIBRO:  Titorial para cargar o libro, unha vez decidido por que editorial optamos.


ENGADIR TEMAS DO CATÁLOGO:  Titorial para engadir temas ou recursos de editoriais diferentes da que temos escollido.


CREAR MATERIA NOVA: 

Crear unha materia nova é útil para:

Aqueles profesores cuxa materia non sea E-dixgal, pero o empreguen para subir tarefas, materiais, etc... do mesmo xeito que se fai na aula virtual.

Se un profesor E-dixgal da en varios grupos diferentes, pode crear unha materia nova, matricular a todo o alumnado do curso e logo facer grupos. Deste xeito, cada vez que suba unha tarefa, non terá que facelo tantas veces como grupos teña. É importante que, no caso de optar por esta opción, agochemos as materias que non imos empregar para que o alumnado non tolee ao ver varias materias iguais.


MATRICULAR ALUMNADO:  Titorial para aqueles que crearon unha materia nova e teñen que matricular ao alumnado. Non se pode facer como na aula virtual e matricular por grupos. Hai que ir un por un.



AUTOMATRICULACIÓN:  Titorial para que o alumnado se automatricule nunha materia.


ENGADIR RECURSO FICHEIRO:  Titorial sobre como subir ficheiros á nosa materia.



ENGADIR RECURSO PÁXINA:  Titorial onde explico como engadir un recurso páxina e que se pode facer con el.


ENGADIR RECURSO TAREFA:  Titorial sobre como engadir unha tarefa á nosa materia. Explico tamén as diferentes posibilidades para configurar a entrega, a corrección, os prazos, etc...