PROCEDEMENTO DE MATRÍCULA NOS CICLOS FORMATIVOS



Presentación de solicitudes: do 24 de xuño ao 2 de xullo ás 13.00 h.

Esta solicitude faráse on line en http://www.edu.xunta.es/fp

En caso de que sexa necesario, a aplicación vos pedirá a documentación necesaria.


Listaxe provisional del solicitudes: 5 de xullo.

Esta listaxe só confirma que se ten constancia de que a persoa interesada solicitou praza.


Reclamación á listaxe provisional: do 5 de xullo ao 9 de xullo ás 13.00 h.

En caso de que algún interesado detecte un erro, pode reclamar dentro destas datas.


Listaxe definitiva de solicitudes: 16 de xullo.


Primeira adxudicación: 16 de xullo.

Neste listaxe os interesados poden ver se obtiveron praza e donde.


Matriculación Primeira Adxudicación: 16 de xullo ao 23 de xullo ás 13.00h.
Aqueles que obtiveron praza na primeira adxudicación, teñen que ir á Secretaria do instituto a matricularse. No caso de ser o IES O Plurilingüe A Paralaia, a documentación que hai que presentar é:

a) unha fotografía actualizada tipo carné (3 x 2,5)

b) O alumnado menor de 28 anos debe ingresar en concepto de seguro escolar 1,12 euros.

c) Fotocopia do DNI

d) Fotocopia do NUSS (número de seguridade social do/a alumno/a)

e) Cerficado de estudos.

f) O impreso cuberto de matrícula.


Segunda adxudicación: 26 de xullo.

No caso de que queden prazas sen cubrir. sairá unha segunda adxudicación.


Matriculación Segunda Adxudicación: do 26 de xullo ao 31 de xullo ás 13.00 h.

O procedemento de matriculación da segunda adxudicación é o mesmo que o da primeira -presentarse no centro coa documentación requerida-.


Todas as listaxes poden consultarse en http://www.edu.xunta.es/fp


Tedes toda a información detallada en https://www.edu.xunta.es/fp/informacion-xeral