PLURILINGÜE



O IES Plurilingüe A Paralaia aposta por un ensino en varios idiomas para que os nosos alumnos sexan quen de desenvolverse no futuro en outras linguas. 

O noso ensino plurilingüe componse de:

a) Impártese unha materia en inglés ademáis da asignatura de lingua inglesa. 

b) Programas de enriquecimentos en inglés (terceiro e cuarto da ESO) e en francés (cuarto da ESO). 

c) Programas de inmersión lingüística, tanto no eido autonómico, como no eido estatal. 

d) Intercambio con alumnado dun instituto francés. O noso alumando pasa unha semana en Francia, hospedados en casas particulares, e recibimos de volta aos franceses nos nosos fogares. Deste xeito non só aprendemos a lingua francesa, senon que vivimos experiencias vitales inesquecibles e establemos lazos con outras persoas. 

e) Por medio dos programas Erasmus Plus, os alumnos de ciclo medio teñen acceso a seis de prácticas laborais nun país da Unión Europea, e os de ciclo superior a facer a FCT no estranxeiro. 

f) Facilitamos de forma gratuita o acceso ao noso alumnado ás probas de acereditación de idiomas (o Trinity de inglés para os niveles b1 e b2 da Escola Oficial de Idiomas e o DELF de francés.