NOTIFICACIÓN RELATIVA A PROBAS DE CERTIFICACIÓN EN LINGUAS EXTRANXEIRAS

 

 Aberto o prazo (ata o 30 de outubro) para que os alumnos de 4ºESO, 2ºBach. e 1ºBACH. opten a subvencións económicas da Xunta de Galicia (100 euros) para sufragar os gastos derivados da realización de probas externas de certificación en linguas extranxeiras ( B1, B2, C1) en inglés, francés e portugués, e que se realizarán ao longo do presente curso escolar 2021-2022. Mais información en : http://www.edu.xunta.gal/portal/node/35326

  O Departamento de lingua inglesa abrirá un prazo de recopilación de datos do alumnado interesado os días 26 e 27 de outubro. O alumnado deberá mostrar o seu carnet de identidade, indicar o nivel da proba de desexe realizar ( B1, B2, C1) e asinar un compromiso de asistencia á proba escollida.

 Importante:  O feito de solicitar a subvención económica de 100 euros non implica automáticamente que o alumno a vaia a recibir. Hai un orzamento limitado da Xunta de Galicia que se gastará seguindo os criterios establecidos pola propia Xunta. Así, terán preferencia  os alumnos de 4ºESO. En segundo lugar, de sobrar cartos, os alumnos de 2ºBACH. De quedar un remanente, empregaríase  en subvencionar  alumnos de 1ºBach.